O PP de Lugo presenta novas propostas de solución a preocupacións da veciñanza no eido ambiental, mobilidade e mellora dos servizos municipais

por Redacción Lugo

4 PROPOSICIÓNS NAS QUE:

Trasladamos ao pleno unha petición para instar ás administracións competentes a estudar as alegacións que se presenten á planta de biometano de Coeses e conforme a lei sexan atendidas ou tidas en conta”

Solicitamos un plan para o uso responsable e racional da auga potable que inclúa o control de fugas e consumos ocultos. Esta petición xurde logo de que coñecésemos que se está perdendo o 45% da auga que se potabiliza. Consideramos imprescindible e urxente actuar para revertir a situación. Agora que empeza o verán non podemos permitirnos perder este recurso tan valioso.

Tamén pedimos que se consensúen medidas para correxir  as decisións que o goberno local  adoptou con respecto á mobilidade no casco histórico e que están sustentadas en falsidades que usaron como  excusas para tapar a a improvisación e falta de planificación nas obras de peonalización.

Propoñemos que os convenios que se asinan coas entidades do tecido asociativo contemplen un anticipo que lles aporte liquidez : “A forma de traballar de PSOE e BNG dista moito de ser unha administración colaboradora”

PREGUNTAS SOBRE:

  • Cando cumprirá a alcaldesa a promesa que fixo hai 5 anos de revisar e actualizar a Relación de Postos de Traballo para que a plantilla do Concello esté ben dimensionada e motivada
  • Que vai pasar coa seguridade no Vello Cárcere cando nuns días  (30 de xuño) remata o contrato de vixilancia privada do edificio?
  • E para cando a apertura do Auditorio de Magoi? Esta semana cumpríronse 4 anos dende que o goberno local recepcionou o edificio
  • Cales son os motivos do retraso na actualización do catálogo do viario municipal?  

ROGOS PARA:

  • Que se recoñeza a figura de Ángela Manuela Pardo Celada, a primeira xinecóloca e puericultura lucenses e coutora en mediciña en Lugo
  • Reparar unha valla na Rúa Alvaro Cunqueiro que está destrozada e supón un perigo para  aos peóns xa que esta barreira protéxeos de caer nun terraplén.
  • Tamén pedimos medidas para mellorar a seguridade vial en Coeo
  • Dar cumprimento ao compromiso acadado en pleno para a reconstrucción da ponte que une as parroquias de Pedreda e Rubiás
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario