Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Arzúa foron alertados ao redor das 16:15 horas desta tarde dunha saída de vía con persoas atrapadas no interior dun automóbil nunha rotonda á altura do punto quilométrico 66 da estrada A-54, ao seu paso polo Concello de Arzúa.
A incidencia tivo lugar na glorieta que marca o remate da autovía, en dirección a Lugo, onde un automóbil envorcou sobre a rotonda levando por diante unha sinal de tráfico. No turismo viaxaban dous ocupantes que tiveron que ser liberados polos bombeiros para posteriormente ser trasladados ao CHUS.