PP Viveiro: «A alcaldesa non foi capaz de aclarar o conflito na Policía Local en 4 meses, pretende que os problemas se resolvan solos»

por Redacción Lugo

Os populares subliñan que «as propias forzas e corpos de seguridade do Estado advirten que non poden seguir así, atendendo funcións que corresponden ao corpo da Policía Municipal».

  • A portavoz do PP, Mariña Gueimunde, explica que «é responsabilidade da alcaldesa non actualizar a taxa de reposición que di que ten que cumprir» porque «puido tela actualizado ao longo dos anos cos distintos orzamentos municipais que non é capaz de sacar adiante»
  • Os populares esixen explicacións sobre as accións que levou a cabo: se se reuniu con alguén, se o instrutor xa tomou declaracións, que prazos manexa para a recuperación da normalidade no servizo, como prevé solventar a situación ás portas do verán e co pobo cheo de xente
  • Viveiro non dispón dun servizo en condicións en materia de seguridade cidadá», pero «tampouco se están realizando outras tarefas como as relacionadas coa grúa municipal ou os vaos, un servizo polo que os cidadáns están a pagar, pero que non se está a prestar debidamente»
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario