A entrega do premio, que ten este ano a súa primeira edición, pechará o programa de actividades do orgullo o 10 de xullo no Palacio de María Pita.
A alcaldesa, Inés Rey, visitou o renovado Paseo da Diversidade dos Xardíns de Méndez Núñez, con bancos de plástico reciclado nos que se representan as distintas bandeiras do colectivo.
No día Internacional do Orgullo LGTBI a alcaldesa, Inés Rey, presentou o renovado Paseo da Diversidade da Coruña, sito nos Xardíns de Méndez Núñez, acompañada das entidades LGTBI xunto con Noemí Díaz, concelleira de Mobilidade e Infraestruturas.
Na visita, a alcaldesa anunciou que a persoa escollida como galardoada co premio Tomás Fábregas é Fina Baliñas, enfermeira e activista contra a desestigmatización do SIDA e VIH. A entrega do premio, que ten este ano a súa primeira edición, pechará o programa de actividades do orgullo o 10 de xullo no Palacio de María Pita. “Este recoñecemento súmase ao que hai uns días lle outorgaban dende ALAS Coruña, premiando a súa traxectoria co premio Marcela e Elisa, o premio máis antigo da cidade neste eido” sinalou Rey. Baliñas dedicou a súa vida a atender e tratar persoas con SIDA e VIH na cidade. “Penso que é de xustiza que lle Fina Baliñas sexa a primeira premiada, pois compartía loita con Tomás Fábregas contra o SIDA e polos dereitos das persoas LGTBI”, explicou.
Representantes de ALAS, Les Coruña, Palestra, CASCO e Fundación 26 de Diciembre foron as primeiras persoas en probar os novos bancos, que manteñen a anterior estrutura e forma. “Renovamos o paseo mudando os vellos listóns de madeira pintada por novos de cores, feitos de plástico reciclado, co obxectivo de que a cor se deteriore menos e polo tanto se manteña visible por moito máis tempo” explicou a alcaldesa.
Trátanse dun total de seis bancos no que se representan cinco bandeiras do colectivo: trans, non binaria, lésbica, bisexual e a do arco da vella ou do orgullo, repetida dúas veces por ser a máis utilizada. A alcaldesa sinalou que este xesto súmase aos postos en marcha polo Goberno local, co pintado do paso de peóns de Durán Loriga, os renovados contedores ou o ‘O mellor banco do mundo’ no miradoiro do Monte de San Pedro.
Nos vindeiros días instalaranse códigos QR nos diferentes bancos con información sobre as bandeiras e os diferentes colectivos. A alcaldesa sinalou que o obxectivo é ampliar a web a coñecementos sobre a historia do colectivo, atendendo á memoria LGTBI da Coruña. A web xa está dispoñible e pode consultar