Unidas Podemos Laxe  presenta alegacións á modificación de ordenanzas fiscais levadas ó pasado pleno ordinario.

por Redacción Galicia

Con respecto ós sumidoiros, solicitan formalmente que se valore a decisión de aumentar as taxas polo impacto económico nos fogares. Non se concretou se este incremento irá acompañado dunha mellora tanxible no servizo de sumidoiros. É fundamental que calquera incremento das tarifas estea directamente relacionado coa mellora das infraestruturas e da calidade do servizo, para que a cidadanía vexa un beneficio claro e xustificado e se consideren alternativas que non afecten negativamente á veciñanza. Por exemplo, explorar opcións de financiamento externo, achegas de outras administracións públicas ou unha reestruturación adecuada dos gastos municipais.

En relación á ordenanza fiscal das terrazas, reclaman a revisión dos criterios para establecer as taxas e adecualas ó custe da vida, á repercusión respecto da merma de espazos de estacionamento e da mobilidade peonil, da tipoloxía das terrazas e tendo en conta as taxas de outros concellos similares da contorna.

En canto á ordenanza fiscal da pista de pádel, solicitan que sexa incluída a redución de cota para persoas que se atopen en  situación ou risco de exclusión social, das que se verifique a ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como a concorrencia doutros factores de exclusión, cando esa condición supoña especial dificultade de integración social ou laboral.

Ademáis, plantexan ter en conta para establecer a cota, non só o tempo de aluguer da pista, senón tamén o número de usuarias/os que a van a empregar, e se estableza o importe da mesma tamén en función deste criterio.

Sobre a proposta da modificación da taxa de expedición de documentos administrativos, esta vén a incrementar o número de conceptos polos que os e as veciñas de Laxe  van ter que pagar a partir da súa entrada en vigor, que pasará de 8 a  22  conceptos  plantexados nesta proposta, profundizando na brecha dixital, encarecendo uns e dificultando noutros o dereito ao acceso a información pública.

Este forte incremento prodúcese principalmente nos servizos de urbanismo, nos que se establece pagar pola mera tramitación de expedientes. 

Consideramos que é necesario contar con un técnico de urbanismo no cadro de persoal do Concello como é o caso nos concellos limítrofes,  para que ditas tramitacións se encadren nas funcións do posto e non sexan repercutidas directamente nos petos das veciñas e veciños de Laxe ao contar, o noso concello, cun servizo de urbanismo externalizado, polo que se solicita entre outras que  non se lle aplique ningunha taxa á mera tramitación de expedientes urbanísticos.

Con tal fin, a coalición local respaldará a presentación das alegacións cunha recollida de sinaturas entre a veciñanza

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario