Nova exposición de pintura de Charo Trigo na Casa dos Alonso

por Redacción Pontevedra

A Casa dos Alonso acolle unha nova exposición de pintura. Desta vez, a artista é Charo Trigo que nos presenta “As cores do cotiá”.

A exposición inaugurarase o sábado 13 de xullo ás 19:30 horas e poderase visitar de luns a venres de 9 a 14 horas, e todas as tardes de 18 a 21 horas. A exposición estará ata final do mes de xullo.

As obras son óleos sobre lenzo que versan sobre dúas temáticas. Unha primeira parte tráenos o día a día dos xoves deportistas de elite, como combinan estudos, descanso, adestramentos, competicións…

A segunda parte está inspirada nos recunchos da Guarda, así como a música e baile tradicional galego.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario