As descargas dos máis de 16.000 bonos turísticos da Xunta esgotáronse en menos de quince días

por 21 Noticias

Abriuse o prazo o 4 de xulio e hoxe esgotáronse os máis de 16.000 bonos turísticos, para que os galegos comezasen a facerse con el. O interese do Bono Turístico da Xunta xa se deixou notar desde os primeiros días, cun centenar de bonos turísticos emitidos por minuto nas primeiras horas e cun balance de preto da metade dos bonos descargados o primeiro día. Son bonos en formato código QR cun importe de 150€, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia en nun 60% polas persoas que o solicitaron (os particulares abonarán, polo tanto, 90€ para contar cun bono por valor de 150€).

Nesta edición, como novidade, cada usuario podía descargar ata dous bonos, polo que poderá contar cun investimento de ata 300€ para gozar dunha estadía o vindeiro outono nalgún dos establecementos que se adhiran. Os beneficiarios poderán empregar os seus bonos desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024, ambos incluídos.

O prazo para que as empresas se adhiran continúa aberto ata o videiro 2 de decembro. Neste sentido, a día de hoxe xa forman parte da campaña deste ano máis de 350, entre establecementos de aloxamento e axencias. As empresas interesadas en sumarse poderán facelo tamén a través da páxina web www.bonoturismo.gal.

Fóra de temporada

A iniciativa -que naceu no contexto da pandemia para dinamizar o consumo turístico e inxectar liquidez ás empresas do tecido turístico galego- está consolidándose como una proposta que impulsa a actividade fóra de temporada alta e contribúe a apoiar o sector. 

Nestes catro anos puxéronse en circulación máis de 47.000 bonos turísticos e mobilizáronse máis de 14M€: deles, durante a pandemia foron máis de 10M€ (5M€ co bono turístico sociosanitario e 5,8M€ no ano 2021), aos que se suman os 3M€ nos últimos dous anos.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario