Ameijide pide a Tomé que copie o ‘estilo Rueda’ e aposte polo trato igualitario á provincia abandonando o sectarismo

por Redacción Lugo

O portavoz do PP na Deputación aplaude o «ton cordial e construtivo» e destaca «a aposta da Xunta pola provincia de Lugo» e «o trato igualitario de Rueda cos Concellos e provincias gobernadas por distintas cores políticas».

  • Ameijide: «O PPdeG e o presidente Rueda marcan unha política útil e de escoita activa de todos polo que pedimos a Tomé que, despois de máis de 5 anos exercendo unha política sectaria, cambie de estilo gobernando para todos e reuníndose cos alcaldes que non son da súa cor política; xa que leva 5 anos sen recibir a ningún»
  • O portavoz provincial agradece que «a Xunta se tome en serio as infraestruturas na nosa provincia» e «pedimos á Deputación de Lugo que siga o seu exemplo apostando polo mantemento da súa rede viaria e demandando ao Goberno de Pedro Sánchez a mellora das estatais, as autovías da Mariña, a Ponferrada e a Ourense e a chegada do AVE»
  • Ameijide agradece «a rectificación implícita» de Tomé e PSOE para «parar de boicotear proxectos industriais sen esperar aos informes técnicos» e que «recoñeza que o Goberno de Sánchez non está a pagar a parte que lle corresponde do SAF facendo que Concellos e Xunta teñan que asumir o seu custe»
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario