O alumeado e o mobiliario urbano do paseo marítimo de Caión sofren un novo acto vandálico

por Redacción A Coruña

Romperon seis balizas da iluminación pública e dúas papeleiras de madeira

O paseo marítimo de Caión volveu ser obxecto dun acto vandálico producido durante a pasada noite, coincidindo co segundo e derradeiro día da celebración das festas do Corpus e do Carme.

Como resultado do mesmo, o tramo máis próximo ao aparcamento principal da praia das Salseiras amenceu con seis balizas da iluminación pública rotas e tamén dúas papeleiras de madeira.

O Concello volve solicitar a colaboración cidadá para tratar de dar co responsable ou responsables do sucedido.

Desde o Concello laméntase o sucedido por tratarse dunha acción que se repite nos últimos veráns e que, ademais de supoñer un gasto para as arcas municipais, afecta aos servizos públicos que se ofrecen en caión á veciñanza e tamén aos turistas e visitantes.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario