Continúa o plan de mantemento de vías urbanas en Lugo con novas actuacións na zona norte

por Redacción Lugo

Renovouse o asfalto da comunicación da avenida Breogán coa N-VI, a rúa Santo Graal (entre o 159 e a vía de servizo) e a rúa Salvia cun orzamento de 41.447,99€

Alexandre Penas, concelleiro responsábel de Infraestruturas Urbanas, anunciou que o Goberno de Lugo está a traballar na renovación do asfalto de 3 viais da zona norte da cidade. Penas explicou que «continuamos a traballar nas zonas urbanas e periurbanas de Lugo cunha nova actuación que permitirá renovar o firme de tres viais cun importante desgaste debido ao intenso uso».

O Goberno de Lugo renovará o asfalto da avenida Breogán, no treito que a une coa N-VI, a rúa Santo Graal, entre o número 159 e a vía de servizo da N-VI e a rúa Salvia, construíndo unha nova capa de rodadura para o tráfico rodado baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, ademais da reconstrucción do firme en todo o seu espesor, para evitar novos defectos que afecten á capa de rodadura. Renovarase tamén a sinalización horizontal.

Os traballos foron adxudicados por 41.447,99€, e contan cun prazo de execución de 5 semanas. «Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e dos accesos aos mesmos, mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas», afirmou Rubén Arroxo, que lembrou que nos últimos anos se realizaron intervencións para mellorar os espazos públicos en todas as rúas e zonas da cidade, planificando as necesidades tanto a través das solicitudes das veciñas e veciños como das distintas visitas aos barrios.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario