O Festival SonRías Baixas ultima os preparativos para a celebración da súa 21ª edición esta semana

por Redacción Pontevedra

La Oreja de Van Gogh, Rozalén e Tanxugueiras son tres dos grandesnomes que protagonizan esta edición, marcada de novo por apostar polo eclecticismo na súa proposta musical, dividida en dous escenarios, Fest
Galicia e El Águila.

Esta mañá o Festival SonRías Baixas presentou en rolda de prensa a programación para a súa vixésimo primeira edición, que terá lugar desde este mércores 31 e durante os días 1, 2 e 3 de agosto en Bueu (Pontevedra). Batendo records de asistencia o pasado ano coincidindo co seu vinte aniversario, o festival afianzouse xa como unha das grandes citas musicais ineludibles do verán da península do Morrazo, no corazón das Rías Baixas. 

Á rolda de prensa, liderada por Jordi Lauren e Berta Domínguez (Dirección de SonRías Baixas), asistiron o director de Agadic, Jacobo Sutil; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez;
a concelleira de Cultura do Concello de Bueu, Carmen García, e o responsable de eventos de Imaxe Norte (Heineken España), Ramón Jesús Neira Agujetas.

Durante a súa intervención, Jordi Lauren puxo de manifesto o propósito último da organización de organizar un festival que priorice a comodidade e diversión dos asistentes para conseguir que a súa fin de semana sexa unha experiencia o máis completa posible. o apoio das institucións ao evento durante xa máis de
dúas décadas, tamén puxo de manifesto a evolución estilística do cartel do festival, remarcando sempre o interese do festival e a organización por conseguir ofrecer un cartel atractivo para os asistentes e que reflicta o momento musical actual, xuntando bandas que son queridas por todos e poñendo o foco tamén noutras formacións que se atopan en momentos de gran crecemento, así como no talento galego e local.

Pola súa banda, Berta Domínguez resaltou a forte presencial feminina no cartel desta edición, contando con máis da metade do cartel con bandas e proxectos liderados por mulleres. Ademais, explicou as activacións que os asistentes poderá atopar no recinto durante o desenvolvemento do festival, a destacar: o Programa de préstamo de puntos violeta promovido pola Deputación de Pontevedra, o programa VIHxía Móbil, financiado pola Xunta de Galicia destinado ao fomento da prevención e a detección precoz da infección polo VIH e o virus da hepatite C en persoas vulnerables en zonas de lecer. Ademais, situarase unha caseta de Xuventude Galicia, cunha ruleta con preguntas e respostas sobre cultura xeral e unha mesa informativa con material de difusión sobre os diferentes programas que ten a Xunta de Galicia para os mozos, e Walker & Walker Game situará un tótem cun xogo interactivo. Pola súa banda, El Águila montará na entrada do recinto unha zona de
espallamento cunha hamaca e unha randeeira onde relaxarse entre concerto e concerto.

Jacobo Sutil, director de AGADIC, detallou o carácter estratéxico do festival por todo o que ofrece a súa experiencia completa, xunto ao impacto económico, hostaleiro e do sector cultura galego, dando a
oportunidade a bandas locais para dar a coñecer a súa música, e aos galegos de poder gozar de grandes artistas de fóra do noso territorio. Sutil tamén puxo en valor o espírito innovador e de constante renovación do evento, lembrando que foi pioneiro en implantar o sistema de pago cashless, método que xa se estendeu á práctica totalidade de eventos culturais no noso país.

Pola súa banda, Ramón Jesús Neira Maniotas, responsable de eventos de Imaxe Norte (Heineken España), quixo lembrar como se namorou da contorna do SonRías desde a súa primeira visita e eloxiou que ano tras
ano creza pero sen renunciar ao seu carácter de festival boutique, como un festival amable e no que prima sobre todo o demais a comodidade dos seus asistentes.

A continuación, a concelleira de Cultura do Concello de Bueu, Carmen García, lembrou o perfil de apto para todas as idades que ten o festival, que foi evolucionando e medrando con moitas persoas de Bueu e
a súa contorna ao longo destas dúas décadas, e destacou a súa apostanpor reforzar a presenza feminina e local na súa oferta. Ademais, puxo en valor o retorno económico que deixa na comarca e destacou que desde o Concello supón un reto en termos de estacionamento e plan de tráfico, aspectos aos que se presta especial importancia os días do evento.

Para finalizar, Luís López DiéguezPresidente da Deputación de Pontevedra, puxo en valor o gran posicionamento que consegue para Galicia o contar cunha rede de festivais tan extensa e variada, atraendo ano tras ano a multitude de visitantes á provincia e exercendo de grandes embaixadores turísticos. Ademais, eloxiou o compromiso do festival co medio ambiente e a súa importancia como fonte de riqueza, emprego a nivel comarcal e retorno económico que dan como resultado a auténtica “experiencia 100% SonRías Baixas”. 

Este ano a apertura da zona de acampada volve adiantarse ao mércores, organizándose unha festa de inauguración desde as 21.00h no recinto para recibir a todos aqueles festivaleiros que queiran comezar coa experiencia o mesmo día 1. A elección musical será responsabilidade dunha das DJs máis recoñecidas de Galicia, Eme DJ,sempre comprometida coa divulgación da profesión e estandarte durante toda a súa carreira da inclusión e a igualdade, ambientando o recinto con moita música e varios food trucks. 

A primeira xornada estará encabezada por La Oreja de Van Gogh, que chegan por primeira vez a Bueu sendo, sen dúbida, referentes de toda unha xeración e unha das nosas bandas máis internacionais e queridas. Os donostiarras, que se atopan en proceso de composición do seu próximo álbum, prometen ofrecer un show moi especial en forma de percorrido por toda a súa traxectoria, que xa supera os vinte e cinco anos, e que nos regalou hits e clásicos que xa forman parte da historia musical do noso país. Ademais, Álvaro de Luna tamén se estreará no noso festival, presentando “UNO”, o seu novo disco publicado o pasado setembro, e avalado polo éxito de grandes cancións como » «Todo Contigo”, “Portarse Mal” ou o seu primeiro hit en solitario, “Juramento eterno de Sal”. As cancións frescas estarán garantidas grazas a La La Love You, que acaban de rebentar o Wizink Center en Madrid e xa comezan a presentar os temas do seu novo álbum, e Anabel Lee, coa súa mestura de punk británico, noise, new wave e punk rock. A proposta do luns completarana a enerxía de Sexy Zebras, coñecidos dabondo xa en salas e festivais de todo o país polos seus potentes e explosivos directos, o bo rollo de Morochos, que estrearán o seu segundo disco, “De donde vengo”, enchendo Bueu de boas vibras fusionando flamenco e reggae cunha guitarra e un caixón, e a proposta electro pop de Sabela que presentará as cancións do seu disco “Ceninza”. 
 

O venres 2 de agosto temos o pracer de recibir por primeira vez na vila a Rozalén, que presentará sobre o escenario de SonRías temas dos seus cinco discos de estudo e tamén de “El abrazo”, o seu novo e esperado traballo que verá a luz a finais do mes que vén, nunha proposta que rende sempre homenaxe ao folclore e á música tradicional. Desde Holanda aterrarán Chef’Special coa súa mestura de rock, hip-hop e reggae para facer do seu concerto unha festa, e Travis Birds desgranará o seu último álbum “Perro Deseo”, onde nos presenta o seu único universo a través de todas as pulsións, sentimentos, aspiracións e ilusións que conforman a súa identidade e imaxinario. A representación galega do día correrá a cargo de Fillas de Cassandra e o seu hipnótico show “Últimas Dionisíacas”, e os ritmos latinos e de raíz unidos ao urbano actual serán responsabilidade de Muerdo, que fará repaso por un repertorio que inclúe temas clásicos como “Semillas”, “Lejos de la ciudad”, “Vas a encontrarte” ou “Llegué hasta ti”. Pola súa banda, La Élite prometen unha boa dose de irreverencia e o descaro unidas a letras acedas e divertidas, Gilipojazzdeleitarannos coa súa mix de estilos como o funk, o rock progresivo, o metal e a música clásica, e un ano máis contaremos con Cool Nenas e o seu particular rave coreografiada que revolucionou o concepto de dj set. 
 

E para finalizar, na última xornada contaremos cun dos buques insignia da música galega: Tanxugueiras volven ao festival nun momento doce tras o seu paso fai dúas edicións e avaladas polo seu recente sold out histórico no Coliseum da Coruña, onde reuniron a máis de 9.000 persoas para poñer o broche de ouro á súa extensa e exitosa Xira Midas. Tamén teremos o privilexio de ser testemuñas da última actuación de Rayden en Galicia. No show do madrileño non faltarán os seus grandes clásicos e tamén presentará “La Victoria Imposible”, o seu sétimo álbum en solitario, todo iso acompañado dun directo cunha banda explosiva que sorprende alá por onde pisa, e Ginebras demostrarán por que son unha das bandas con mais proxección dos últimos anos grazas aos seus temas indie pop con selo propio e as súas letras autobiográficas contadas con moito humor. Emlan traerá a Bueu o seu pop rock de letras con fondo optimista e esperanzador, e o bo rollo continuará grazas a Mr. Kilombo e a súa posta en escena interactiva apoiada por pegadizos temas de letras coidadas con mimo e sutileza, incluíndo os singles do seu novo disco, “Todo este caos”, estreado hai apenas dous meses. Para pechar este último día de festival, Mondra achegará o folk festivo e revolucionario do seu performance “Folía das ardentes», The Rapants presentarán o seu terceiro álbum, “La Máquina Del Buen Rollo”, infestado de melodías de herdanza disco, rock e mesmo hip hop, e Inés Hernand ofrecerá un dj set cunha selección de temas que combinarán o bo rolo e a enerxía á que sempre nos ten afeitos nas súas aparicións. 

SonRías Baixas é un festival promovido pola promotora PlayPlan Cultural. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu; e o patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas a través da márca Rías Baixas Fest, e da Xunta de Galicia a través de Xacobeo e a marca Fest Galicia. O evento tamén conta co patrocinio de El Águila e Johhnie Waker. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario