Arroxo: «O PP usa a crispación e a mentira para abandonar a comisión de festas todos os anos»

por 21 Noticias

O Alcalde en Funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, asinou hoxe un informe en resposta á única solicitude do Grupo Municipal do PP solicitando acceso á contabilidade do San Froilán. Arroxo afirmou que o PP «leva anos deixando a comisión de festas buscando escusas, esta vez, por unha documentación que segundo eles solicitaron ata en 5 ocasións, mais da que só consta unha única solicitude o pasado 28 de xuño».

As e os concelleiros do Partido Popular teñen acceso á contabilidade do Concello de Lugo, «máis isto non quere dicir que os servizos municipais teñan que elaborar informes ou traballos ad hoc». O San Froilán non conta cunha contabilidade específica, máis aló dos datos elaborados polo persoal municipal involucrado nas distintas actividades das festas, polo que a negativa á elaboración dun informe específico sobre esta materia non impide ás concelleiras e concelleiros do PP acceder á información legalmente recoñecido.

O Tenente Alcalde afirmou que «mentres que o PP continúa a buscar escusas, a área de Cultura continuará a organizar unhas festas para todas e todos os lucenses, con actividades diversas que garantirán que todo o mundo poida desfrutar do programa». Arroxo lembrou que «as festas de San Froilán son cada ano un éxito que se demostra vendo as rúas de Lugo cheas, e neste 2024 repetiremos o un ano máis como a gran festa do outono galego».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario