A Deputación súmase á conmemoración do 98º aniversario do natalicio de Fidel Castro

por Redacción Lugo

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este martes ao acto con motivo do 98º aniversario do natalicio de Fidel Castro. Neste encontro, que tivo lugar na Casa Museo Ángel Castro Centro de Interpretación da Emigración situado no municipio de Láncara, tamén participou o Embaixador da República de Cuba, Marcelino Medina, o Vicepresidente da institución provincial, Efrén Castro Caloto, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, e o presidente da Asociación Amistad Láncara-Cuba, Antonio Sobrado Carballo, entre outras autoridades. 

Pilar García Porto destacou a importancia deste espazo cultural, reformado e acondicionado coa colaboración da Deputación, situado na casa natal dos fillos e irmáns do líder histórico da Revolución. Subliñou que “o museo non só preserva e promove o legado cultural e histórico que une Galicia e Cuba, senón que tamén fortalece os lazos económicos e afectivos da emigración galega. A Deputada afirmouque “este museo mantén viva a memoria e promove o entendemento mutuo, xa que Cuba ocupa un lugar destacado no corazón dos lucenses, sendo Lugo a provincia galega que máis capital humano achegou aopaís no século XX”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario