A nova xornada do Salón Internacional do Cómic da Coruña abrirá ás 10.00h coa visitaás exposicións de Kundo Krunch e Lucas Varela no Kiosco Alfonso para público profesional, quen tamén poderá asistir a un taller de BD con Xulia Vicente e a unha visita á exposición de Genie Espinosa guiada pola propia autora, ás 17.00h, no Palacio de María Pita.
Genie Espinosa e Jorge Campos protagonizan o ‘Viñetas Late Night’ deste mércores 14 de agosto, ás 21.30h, no Teatro Colón, na terceira xornada de Viñetas desde o Atlántico 2024, na que o cinema fará de novo a súa aparición, tamén no Colón, coa proxección do filme para todos os públicos Rebelión en la granja.
A nova xornada do Salón Internacional do Cómic da Coruña abrirá ás 10.00h coa visita ás exposicións de Kundo Krunch e Lucas Varela no Kiosco Alfonso para público profesional, quen tamén poderá asistir a un taller de ‘Linguaxe narrativa na BD’ con Xulia Vicente e a unha visita á exposición de Genie Espinosa guiada pola propia autora, ás 17.00h, no Palacio de María Pita.
Ao longo do día, o público poderá gozar libremente das mostras de Viñetas Expo nas sedes oficiais do festival: Kiosco Alfonso, Palexco, Palacio de María Pita, Sala Salvador de Madariaga, Casa Museo Picasso e Centro Ágora. Mentres que, contra á 12.00h, con entrada libre ata completar a capacidade, o Teatro Colón acollerá a proxección da película de animación baseada na novela clásica de George Orwell Rebelión en la granja.
Tamén no marco de marco de Viñetas Mini, os ‘Contacómics’ de Pablísimo, para nenos de 3 a 6 anos, visitarán ás 11.00h a Biblioteca da Sagrada Familia, mentres que Jorge Campos, Tonecho Otero e Irene Sanjuán impartirán obradoiros infantís no Ágora e no Fórum, ás 12.00h.
A Rúa da BD —que permanecerá aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h para que o público poida facerse coas últimas novidades e os grandes clásicos do universo da BD— acollerá diferentes presentacións de libros ao longo de toda a xornada, ademais do faladoiro ‘A banda desenhada em Portugal’, con Marcos Farrajota, da prestixiosa editorial lusa ChiliCom Carne, que visita por primeira vez Viñetas desde o Atlántico.
No Kiosco Alfonso, ás 18.00h, os autores convidados de Viñetas 2024 Genie Espinosa, Lucas Varela, Lundo Krunch e Jorge Campos firmarán exemplares dos seus libros, mentres que na Rúa da BD, nos stands das diferentes editoriais, sucederanse as sinaturas de figuras como Marina Sáez, Jordi Bayarri ou Xulia Vicente, entre outras.
Na páxina web oficial do festival, www.vinetasdesdeoatlantico.com, é posible consultar a axenda de actividades, os horarios e a información completa desta 27ª edición do festival.
AXENDA DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024
Mércores 14 de agosto
Programa oficial Viñetas 2024
10.00h Kiosco Alfonso: visita guiada polas mostras de Kundo Krunch e Lucas Varela (Viñetas Pro)
11.00h Biblioteca Monte Alto: Os Contos de Pablísimo
12.00h Centro Ágora e Fórum Metropolitano: obradoiros infantís con Jorge Campos, Irene Sanjuán e Tonecho Otero
12.00h Biblioteca de Estudos Locais: obradoiro Linguaxe narrativa na BD, con Xulia Vicente
12.00h Teatro Colón: Viñetas Cinema Familiar – Rebelión en la granja
18.00h Kiosko Alfonso: sinaturas de Genie Espinosa, Lucas Varela, Lundo Krunch e JorgeCampos
21.30h Teatro Colón: ‘Viñetas Late Night’ con Genie Espinosa e Jorge Campos. Presenta: Neves Rodríguez
Rúa da BD: Actividades
11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h
Zonas de xogo infantil ‘Piratix’ e ‘Superthings’
Xogo Canto sabes de cómic e préstamo de exemplares – Stand Bibliotecas Municipais da Coruña
11.00h Kiosco Alfonso: Presentación Historia do Mosteiro de Caaveiro. Un lugar milenario no corazón das fragas do Eume, con Xose Lois Penas Corral, Ismael Blanco Bouza, DelioRodríguez Ces, Lois Gómez Souto e Daniel Beiras García-Sabell (Deputación da Coruña)
12.00h Kiosco Alfonso: Presentación O paso do noroeste, con Xavier Queipo e Primitivo Marcos (Alita Cómics)
13.00h Kiosco Alfonso: Presentación A espada de San Eufrasio, con Efrén Castro Caloto (AlitaCómics)
17.00h Kiosco Alfonso: Presentación KrazyKat, con Emilio Bernárdez (Ediciones La Cúpula)
19.00h Kiosco Alfonso: Faladoiro A banda desenhada em Portugal, con Marcos Farrajota(Chili Com Carne)
20.00h Kiosco Alfonso: Presentación Sky Masters e Voltar con Joseba Basalo (Aleta Ediciones)
Rúa da BD: Sinaturas
11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h
Doc Pastor – Unrated Cómics e Juanfer Briones – GP Ediciones
12.30h Marina Sáez – Garbuix Books
19.00h Jordi Bayarri – Anillo de Sirio e Marina Sáez – Garbuix Books
20.00h Anabel Colazo – Ediciones La Cúpula