Froito da escoita activa permanente e da política útil das accións que a agrupación local leva a cabo.
No proceso de consulta pública que rematou esta semana para presentar suxestións ás Ordenanzas a de instalación de terrazas no Concello de Lugo e a dos taxis o Grupo Municipal do PP presentou varias aportacións.
· Con respecto á Ordenanza da Instalación de Terrazas lamentamos que «esta regulación xa chega moi tarde, agardaremos a que o goberno local nos facilite o documento definitivo para presentar máis suxestións».
· Do documento rexistrado destacar dúas petición a de que se xestionar os espazos de forma que se compatibilice a convivencia coa dinamización económica e que na súa tramitación haxa unha participación cidadá real, transparente e efectiva, para evitar desigualdades e discriminacións.
· Para a ordenaza de taxis Taxis propoñemos, entre outras cuestións, «avanzar na regulación do servizo de taxi a demanda para a zona rural, un servizo prometido dende hai máis de 6 anos polo BNG». «A ordenanza ten que establecer prezos, prazos de posta en marcha e e os detalles sobre a súa implantación»