Falece unha motorista ao chocar a súa moto contra un coche no Concello da Rúa (Ourense)

por Óscar de Souto

Malia os intentos, os profesionais sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ó motorista. A persoa falecida é unha muller de 56 anos, veciña das Palmas de Gran Canaria

Ás 13:00 horas, varios particulares informaban ó 112 dun accidente grave na estrada N-120, no quilómetro 465, en Valdeorras, no Concello da Rúa (Ourense), indicaron que se trataba dun choque entre unha moto e un coche e que podía haber persoas falecidas e atrapadas.

Actívase un dispositivo de intervención formado por 061, Bombeiros e GES de Valdeorras, axentes de Tráfico e da Policía Local e polos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Debido á gravidade do accidente, o persoal sanitario solicita a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra na mesma estrada.

Xa no lugar dos feitos, e a pesar dos intentos de reanimación, os profesionais sanitarios confirmaron o falecemento do motorista.

Así mesmo, os Bombeiros comunicaron o remate da súa intervención e indicaron que o condutor do turismo non parecía revestir gravidade, e sae polos seus propios medios do interior do turismo, sen ser necesario excarcerar.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario