O PP pide a José Tomé que pare de mentir co centro de refuxiados en Castro, do que non tramitou nin un papel 

por 21 Noticias

Antonio Ameijide afirma que dende que PSOE e BNG anunciaron este proxecto no antigo psiquiátrico de Castro non fixeron nada para que fose realidade: «nin sequera iniciaron o procedemento de segregación das parcelas».

·       Antonio Ameijide explica que a segregación das parcelas «é indispensable» xa que a Deputación de Lugo mantén nesa única propiedade dous usos (gandeiro e sociosanitario) polo que se queren segregar unha parte da mesma para cedela ao Ministerio teñen que tramitar un plan especial de dotacións, como fai calquera particular

·       O voceiro popular sinalas que «nos consta» que dende o Concello de Castro de Rei se explicou toda a tramitación necesaria á Deputación, pero o goberno provincial nada fixo: «o Concello non pode paralizar nada porque PSOE e BNG non iniciaron tramitación algunha, ou pensan que a lei é diferente para eles?»

·       Ameijide: «Tanto PSOE como BNG deberían de pedir desculpas públicas porque non é ético nin moral xogar co futuro de persoas que tiveron que pasar por unha experiencia persoal traumática e que, en moitos casos, xogaron a súa vida na procura dun futuro mellor»

·       Co enorme problema de acollida que temos actualmente en España vemos que PSOE e BNG na Deputación so buscan «enganar» anunciando e prometendo proxectos dos que logo non fan nada

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario