Elena Candia: «A Praza de Abastos e o Mercado Municipal precisan de melloras urxentes nas súas instalacións e no seu sistema de xestión»

por 21 Noticias

Elena Candia anunciou aos asistentes que o seu grupo municipal levará a pleno un plan de melloras para a xestión da praza de abastos co obxectivo de acadar un réxime participativo e conciliador na xestión dos espazos.

As demandas recibidas vertébranse en dous bloques:

Investimento: A partida orzamentaria para este ano 2024 (4312063200)ascende a 145.000€, unha cantidade suficiente para facer da Praza e do Mercado unhas instalacións accesibles, libres de goteiras e/ou humidades, ademais de permitir o arranxo e mellora do montacargas ou proxectar a climatización dos diferentes espazos. Ademais poderíase activar o sistema dixital que permite o acceso con tarxetas que xa está instalado pero que non está en uso. Este sistema permitiría adaptar as entradas e saídas as súas verdadeiras necesidades xa que o horario dunha pescadería non é o mesmo que o dunha ferretería e as necesidades inherentes o posto tampouco.

Os populares xa puxeron en coñecemento do goberno local a relación de desperfectos en marzo de 2024, momento no que o goberno municipal aceptou telos en conta pero que a día de hoxe seguen sen resolver.

Xestión: A modificación dunha ordenanza anticuada e obsoleta adaptada á idiosincrasia actual, atendendo a horarios, procedementos (a adxudicación de postos valeiros demórase moito no tempo), xestión dos espazos de carga e descarga (adaptados ás necesidades de praceiros, proveedores e clientes), axilización de trámites para acadar autorizacións necesarias para desenvolver a súa actividade. En definitiva, buscar as mellores condicións para que os titulares podan desenvolver a súa actividade.

Máis empatía e máis humildade

Os populares insisten na importancia e valor que aportan os mercados e prazas de abastos, con produtos de calidade,  que son identitarios da provincia e da cidade. É unha obriga dos mandatarios municipais corresponder á súa entrega con facilidades e servicios.

Ante a situación de demora e de improvisación das obras do centro, é necesario agradecer os esforzos de superación dos titulares das actividades económicas situadas dentro de murallas. Por todo isto o Partido Popular demanda aos responsables municipais  máis empatía cos autónomos que pagan os seus impostos, que viron como lles encareceu a súa actividade ( están sendo obrigados a pagar auga e lixo, por primeira vez) a pesar da minoración das ventas polas dificultades dos clientes para acceder as instalacións, polas consecuencias das obras que se están a realizar no casco histórico ou polas sancións que lles impoñen cando van a mercar ou mesmo aos praceiros cando van a traballar.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario