C.C.D. Queixas, Club Atlético Cercedense, S.D. San Martiño e Rodís F.C. participan no I Torneo Concello de Cerceda

por 21 Noticias

Os catro equipos de fútbol sénior do concello disputan mañá, sábado 31 de agosto, a primeira edición do Torneo Concello de Cerceda. No campo de fútbol do Roxo.

O balón comezará a rodar ás 16:00 horas, co partido entre o Queixas e o Cercedense. A continuación, ás 17:15 horas, enfrontaranse o San Martiño e o Rodís. Os derrotados xogarán polo 3º e 4º posto ás 18:30 horas e, a partir das 19:45, xogarase a gran final desta primeira edición do torneo que organiza o Concello de Cerceda.

A entrega de premios, na que estarán presentes membros do goberno local, será inmediatamente despois do remate da final, e entregarase un recoñecemento aos catro equipos participantes.

O edil de Deportes, Óscar Golán, afirma que “o Concello organiza este torneo cuadrangular para celebrar unha festa do fútbol cercedense, cos catro equipos do noso concello competindo nunha xornada festiva na que desfrute toda a familia”.

Golán anima “a todo o mundo a vir ao campo de fútbol do Roxo a pasar a tarde e ver a amigos e familiares competir por esta primeira edición do torneo Concello de Cerceda”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario