En total, a Xunta de Goberno activa 654.006,48 euros, dos que 319.071,42 euros son para achegas aos municipios de Vilar de Barrio, Carballiño, Cualedro, Riós, Xinzo e a Mancomunidadede Municipios da Comarca de Ourense.
A sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno vén de aprobar 25 asuntos que se traducen na mobilización de 654.006,48 euros destinados, fundamentalmente, á cooperación con municipios ediferentes entidades da provincia.
Destaca a aprobación das bases reguladoras da convocatoria da XXXIII edición do Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, cuxa dotación aumentouse ata os 4.500 euros e, como novidade, contemplando taménunha beca de 3.000 euros para o mellor expediente dun ourensánestudante de Xornalismo no seu primeiro ano de carreira.
Deste xeito, 319.071,42 euros están destinados á cooperación municipal cos concellos de Vilar de Barrio (27.000 euros para actividades socioculturais e eventos en 2024); do Carballiño (40.000 euros para gastos de funcionamento do conservatorio); de Cualedro (mellora das pistas Lucenza-Larouco e Baldriz por 30.999,98 euros); de Xinzo de Limia (48.380,50 euros para arranxo de viarios); de Riós (consistente nunha modificación da subvención concedida para cofinanciamento de proxectos por 62.700 euros); e da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ourense, con 50.000 euros para gastos de funcionamento.
Diferentes entidades
Para diferentes entidades comerciais, profesionais, deportivas e culturais, a Deputación destina 216.500 euros en axudas. Así, a SociedadFilarmónica Solpor de Celanova recibirá 5.000 euros para o seu programa de actividades neste ano; a Federación de Comercio de Ourense obterá 28.000 euros para gastos de funcionamento; o Consello Regulador do Ribeiro percibirá 15.000 euros para unha visita de misión inversa de distribuidores e prescritores internacionais, así como 25.000 euros para finalizar a actuación de rexistro vitícola. Pola súa banda, o Consello Regulador Pan de Cea tamén percibirá dúas achegas: de 15.000 euros para o seu plan estratéxico a nivel galego e 10.000 euros para a Festa do Pan de Cea. Pola súa banda, o GDR Limia-Arnoia recibirá 35.000 euros para a plataforma dixital do proxecto A Terra.
En materia deportiva, a Federación Galega de Atletismo obtén 16.000 euros para campionatos na provincia, tanto en pista cuberta como exterior. O Centro de Deportes Barco recibirá 8.000 euros para gastos de funcionamento, mentres que o Arnoia Club de fútbol percibirá 6.000 euros para gastos de funcionamento. Tanto a Asociación de Entrenadores de Fútbol “Afiador” como o Club Deportivo Grupo Cuevas Nogueira Trailrecibirán 5.000 euros, no primeiro caso para a organización de cursos e charlas formativas e, no segundo caso, para a organización do TrailRibeira Sacra.
No eido cultural, a fundación Florencio Delgado Gurriarán obterá 30.000 euros para gastos de funcionamento, mentras que a Asociación Cultural Cofradía Veracruz do Carballiño recibirá 5.000 euros para actividades culturais.
Por último, tamén se aprobou modificar o destino de 116.235,9 euros de fondos do Plan Provincial de Cooperación, a petición dos concellos de Cortegada, Larouco, Leiro, Vilar de Barrio e Xunqueira de Espadanedo.