O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, acompañou en Lugo ao CB Breogán no acto organizado para presentar aos seguidores o equipo e o corpo técnico do club, así como a nova camiseta que lucirán os xogadores nos partidos da Liga Endesa.
Arias lembrou que a Xunta colabora activamente co club de baloncesto lucense a través de distintas accións e convenios de patrocinio dos eventos deportivos nos que compiten en cada tempada.