Flora Rubinos: “é un despropósito que o goberno local aplique unha tramitación diferente á que facía ata o de agora con este imposto aos donos de tractores, remolques e semirremolques e maquinaria con Cartilla de Inspección e que, diante das súas queixas, agora asegure que devolverá os importes a quen o solicite”
- O goberno local vén de anunciar que “devolverá a rodaxe cobrada aos propietarios de vehículos agrícolas” e co ánimo de facilitar esta tramitación o Partido Popular anuncia que porá a disposición dos afectados un documento tipo para reclamar a súa devolución.
- A concelleira popular Flora Rubinos explicou que “a exención da rodaxe a tractores, remolques, semirremolques e maquinaria provistos de la Cartilla de Inspección Agrícola se recolle no artígo 4º, apartado 1.7 da Ordenanza Municipal Nº 200”.
- Tras coñecer que houbo unha nova forma de aplicar a normativa municipal xa que “ata o de agora a exención se aplicaba de oficio” dende o Partido Popular coa intención de apoiar a todos os afectados bríndase a axudar a facer as reclamacións oportunas e tamén a facilitar información para que non se repita nos próximos anos este cobro indebido
- Para calquera consulta os interesados poden achegarse ata ás oficinas do Grupo Municpal na Casa do Concello ou no teléfono de atención cidadá gratuíto 618 626 902