O PP solicita a Alvarellos e a Arroxo que intercedan para pedir desculpas e buscar solucións ás demandas dos praceros

por 21 Noticias

“Reclamamos máis empatía e implicación á alcaldesa e ao tenente de alcalde  para que a Praza e o Mercado sexan un destino de oportunidades”

  • Dado que a responsable deste servizo, Cristina López, eludiu excusarse polos ataques aos praceros, tal e como pedimos esta fin de semana, dende o Partido Popular solicitamos que “o tenente de alcalde Rubén Arroxo, do mesmo partido político da concelleira, e a alcaldesa Paula Alvarellos intercedan  para tender pontes e atender as súas peticións”.
  • A disculpa pública que reclaman os populares é por tres motivos: primeiro,  porque cos ataques inxustificados e inmerecidos aos praceros están danando a imaxe da Praza e do Mercado. En segundo lugar, porque de maneira indiscutible puxeron en evidencia que non prestaron ben o servizo de limpeza e, en terceiro lugar porque é a obriga dun gobernante empatizar cos autónomos a quen lles custa moito esforzo chegar a fin de mes.
  • Dende o Partido Popular seguiremos traballando para que se respecte e valore o papel dos comerciantes, esencial para dinamizar a Praza e o Mercado de Lugo.
  • Lembrar como o 15 de marzo presentamos un rogo no que apoiábamos as revindicacións dos praceros e se nos dixo, por parte do goberno local, que as terían en conta pero vemos como pasa o tempo e non hai novidade e por riba “en vez de trasladar unha  mensaxe de traquilidade recurren a  actitudes revenchistas”
  • No pleno deste mes volveremos a pedir o apoio de PSOE e BNG a través  dunha iniciativa na que apoiamos as reclamacións dos praceros que van dende a modificación de horarios de apertura na ordenanza; recuperar servizo a domicilio; renovación e actualización da web; melloras de climatización e na accesibilidade á Praza e o Mercado así como reparacións dos danos e roturas en corredores, entre outras cuestións

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario