O Pleno deste martes aprobou unha proposta de Goberno para que o Executivo autonómico atenda a demanda de persoal docente neste inicio de curso, ademais que cumpra as ratios de alumnos por aula e que fomente a escolarización infantil
– “A Xunta ofertaba nas últimas oposicións 1.512 prazas de novos profesores, pero só cubriu 1.256. As 256 prazas non cubertas eran un capricho administrativo?”, preguntou a Voceira socialista, Pilar García Porto, durante a sesión provincial
– Ademais a institución provincial pediralle á Xunta de Galicia que poña medidas para evitar a suba da taxa de tratamento de lixo aos concellos tras aprobar na sesión celebrada esta mañá outra das mocións presentadas polo grupo do PSdeG