Medio Rural resalta a importancia dos escaparates internacionais para mellorar a competitividade das adegas galegas

por Redacción Galicia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou onte na presentación da Barcelona Wine Week 2025. Durante a súa intervención no acto, que tivo lugar no Hotel Parador de Pontevedra, Alemparte puxo de relevo este tipo de eventos, de especial relevancia para mellorar a competitividade das adegas galegas que elaboran viño amparado polos diferentes selos de calidade diferenciada e afondar na súa presenza en mercados internacionais.

Seguindo esta liña, resaltou a aposta do Goberno autonómico neste eido, referíndose á Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, coa que se reforza todas as dimensións deste sector e se está a acadar un sector consolidado e competitivo.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario