O Recinto Feiral do San Froilán, listo para abrir

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, visitaron o Recinto Feiral do San Froilán acompañados dos comisarios responsables para coñecer o estado no que se atopa a instalación dos distintos postos e atraccións. A montaxe realizouse ao longo da última semana de setembro e os feirantes poderán abrir ata o día 12 de outubro. En total, son 178 postos, entre stands de venta, atraccións e carruseis.

A edil de Cultura destacou o papel dos comisarios do Recinto Feiral das Festas, «garantindo que todos os postos funcionen de xeito correcto e que se garanta a seguridade das distintas atraccións e carruseis». A concelleira de Cultura afirmou que «a veciñanza pode acudir ao recinto feiral coa confianza de que os distintos servizos municipais traballaron para que todo esté listo e a veciñanza, especialmente as nenas e nenos, poidan desfrutar desta parte das festas».

Dende o recinto, Ferreiro lembrou a importancia que as barracas teñen dentro desta «gran festa do outono galego que volve entre o 4 e o 12 de outubro para encher as rúas de Lugo con preto de 200 actividades distintas, máis da metade delas musicais, dando lugar a un programa de festas no que todas as veciñas e veciños de Lugo e persoas visitantes atoparán unha actividade do seu gusto».

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios