Lugo. Comeza a renovación do asfalto da rúa Otero Pedrayo, na unión coa avenida da Coruña

por Redacción Lugo

Rubén Arroxo lembrou que proximamente se renvovará o asfalto da avenida da Coruña no treito entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Alexandre Penas, achegáronse ata a rúa
Otero Pedrayo, onde o Goberno de Lugo está a renovar o asfalto da interesección desta rúa coa avenida da Coruña. Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa para «atender ás solicitudes da veciñanza e mellorando as vías de toda a cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas». Arroxo destacou que o Goberno de Lugo continúa a atender á veciñanza da avenida da Coruña e lembrou que próximamente se renovará o asfalto do treito entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes

A solución executada consiste na creación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención
sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal.

Desede a Tenencia de Alcaldía anímase á veciñanza de Lugo a facer chegar as súas solicitudes ao Concello. Rubén Arroxo destacou que esta información, «xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario