A Xunta apoia o festival adicado á arte corporal que acollerá acidade de Lugo os días 5 e 6 de outubro

por Redacción Lugo

A Xunta apoia o festival Oktoberinkque se desenvolverá en Lugo a fin de semana do 5 e o 6 de outubro organizado pola Asociación Galega de Arte Corporal.

O delegado territorial, Javier Arias, e o presidente do colectivo, Iván López Piñeiro, xunto a outros participantes na iniciativa presentaron hoxe o programa na Delegación Territorial da Xunta. O evento tamén servirá para dar a coñecer a propia asociación, recentemente impulsada dende Lugo co fin de defender os intereses do sector e a profesionalización dos seus integrantes.

A feira contará con oito expositores que exhibirán o traballo realizado por estudos locais de tatuaxe, piercing e centros de beleza. Ademais, contará cun posto informativo no que se lles ofrecerá asesoramento ás persoas que teñan a idea de emprender un negocio neste sector. Tamén haberá actuacións musicais os dous días. Ambas  xornadas serán na praza de Abastos de 10,00 a 22,00 horas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario