O salón de plenos da Deputación acolleu esta mañá o acto oficial, no que participou a deputada de cultura, Natividade González, o comisario do premio Luís Ksado, Xurxo Lobato e o fillo de Luís Zamora, José Luís Zamora.
O Salón de Plenos da Deputación foi hoxe o escenario do acto de declaración de fotógrafo histórico a Luís Zamora. A deputada de cultura, Natividade González; o comisario do premio Luís Ksado, Xurxo Lobato e o fillo de Luís Zamora, José Luís Zamora.
Esta homenaxe continuará pola tarde, na Real Academia de Belas Artes, onde ás 19h se celebrará a mesa redonda “O fotógrafo Luis Zamora”, na que, ademais da deputada, o comisario e o fillo de Luis Zamora, tamén participa o historiador da fotografía galega Manuel Sendón. Ademais, a área de cultura da Deputación tamén editou unha publicación sobre a súa obra.
Durante o acto, Xurxo Lobato explicou a importancia de “difundir a historia da fotografía galega”, concretamente “a de un fotógrafo como Luis Zamora, que non é moi coñecido, polo que é fundamental visibilizalo e divulgar a súa obra; que representa un elemento máis da nosa creatividade e da historia das artes en Galicia”. O fillo de Luis Zamora, José Luis Zamora, tras recibir o diploma da man da deputada, agradeceu a homenaxe e puxo en valor a obra e a figura do seu pai.
Pola súa parte, Natividade González referiuse a Luis Zamora como “un fotógrafo cunha mirada auténtica que segue a iluminar cada imaxe que capturou, e cun legado que merece ser celebrado, por iso o recoñecemos como Fotógrafo histórico do 18º Premio Luís Ksado”. “Un legado”, engadiu, “que temos a obriga de preservar para as xeracións que veñen, pois a obra de Zamora forma parte xa da memoria colectiva dun país e é herdanza que revela a esencia mesma de Galicia”.
“Celebremos, pois, a Luis Zamora e gocemos da súa obra; nesta ocasión, grazas ao traballo e ao compromiso do Servizo de Acción Cultural da Deputación e de Xurxo Lobato, o comisario e promotor de todas as actividades do premio Luís Ksado” concluíu a deputada.