Festas de San Froilán en Barcelona

por 21 Noticias

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participará ao longo desta fin de semana nos actos organizados pola Asociación de Amigos de San Froilán de Barcelona, con motivo da festividade que conmemora a cultura lucense na cidade condal.

O Deputado asistiu ao izado da bandeira galega na Praza Maior, situada no distrito de Nou Barris, onde se deu comezo aos festexos cunha tradicional verbena. Este evento congrega a galegos residentes en Barcelona e a amigos da cultura galega, fortalecendo así os lazos entre a comunidade lucense.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario