Fixéronse co podium cun tempo de 29:46 e 34:12 respectivamente
Esta mañá tivo lugar a XVIII edición da carreira popular Coruña10 na Coruña. A pesares da chuvia, un total de 2.205 correron co seu dorsal a proba, organizada polo Concello e a Federación Galega de Atletismo, que contaba con máis de 2.700 persoas inscritas. Nas modalidades inferiores participaron preto de 500 de nenos e nenas.
Os cataláns Oukhelfen Abdessa, en categoría absoluta masculina, e Katherine Ruth Tisalema, en categoría absoluta feminina, foron os gañadores da competición este ano cun tempo de 29:46 e 34:12 respectivamente. A proba arrincou ás 10.00 horas desde a avenida da Mariña transcorrendo de inicio polo Cantón Grande, o Cantón Pequeno, Linares Rivas e a rotonda de confluencia entre a avenida do Exército e a rolda de Outeiro. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, dou a saída dos corredores e corredoras.
Nese punto, as e os corredores encamiáronse á glorieta da Casa do Mar e posteriormente a estrada que bordea os peiraos de San Diego e Oza, dando a volta na rotonda dos estaleiros e correndo polo interior do Porto, a carón da lonxa, para regresar á rotonda da Casa do Mar e, xa finalmente, volver en dirección á Mariña, punto de meta.
Oukhelfen Abdessa estivo acompañado no podio de vencedores polo portugués Paulo Barbosa e o galego Pablo Otero, mentres que Katherine Ruth Tisalema foi seguida da madrileña Paula Herrero e a bilbaína Mariam Benkert. A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, fíxolle entrega dos trofeos ás persoas gañadoras.