Pese ao enganoso resultado (93-67) os betanceiros deron a cara boa parte do partido
Xa avisaba Doc da dificultade do encontro, ao que os betanceiros acudían coa baixa de tres interiores (Sanjurjo, Pepe Moreno e Luis Portilla), e hai que ter a sorte de cara para disputar unha final con só 8 xogadores na rotación. Con todo, os de Betanzos estiveron no partido ata o final do terceiro cuarto, cando o cansazo e as faltas acabaron de levar as diferenzas, ata o momento arredor de 10-12 puntos a ese 93-67 que non reflexa en absoluto o esforzo do equipo.
Así o resumía o adestrador betanceiro ao remate do encontro: “Empezamos ben, pero unha racha de Noguerol, unida aos errores defensivos, concedendo demasiados rebotes de ataque y penetracións frontais polo centro da zona, fixo que fósemos a remolque todo o partido. Pagamos as numerosas perdas e o mal balanzo defensivo, que lles permitiu anotar moito en contra ataque. Competiuse todo o partido, salvo os últimos minutos, onde estiraron a diferenza. Contento polo esforzo realizado, só me queda felicitar ao Chantada polo partido e desexar a pronta recuperación de Nilo Barreiro, lesionado nos primeiros compases do encontro, do que esperamos que só sexa un golpe”.
Enorme partido de Abelleira (22 puntos), ben secundado por Dani Martín e Latas (9 cada un) e, do lado do debe, as 5 faltas que eliminaron a Brezo do partido en apenas 9 minutos disputados.
Se a Copa Galicia serve para engraxar motores para a liga, tal e como adoitan dicir os adestradores, a sorte está botada. Próxima fin de semana, cita en Culleredo para inaugurar a Terceira Feb (antiga liga EBA ) 24-25.
Derrota tamén dos equipos sénior masculino de Segunda e Terceira División
A fin de semana tampouco trouxo boas noticias para os outros equipos sénior do club, que comezaban a súa liga estes días. Se o equipo de Segunda Autonómica perdía no Carregal por 60-85 fronte a Maristas, nun partido sentenciado nuns minutos para esquecer (do 45-52, a falta de minuto e medio para rematar o 3Q, pasouse xa un 46-62 no 2:10 do 4Q) o conxunto de Terceira, na Goleta, perdeu en Paiosaco 79-77, con dous tiros libres anotados polo rival a falta de dous segundos.
Mellores resultados tiveron os equipos da canteira, tanto feminino como masculino. As primeiras fixeron “pleno”: 31-65 as júnior de Infor-B fronte a Baxi Ferrol Esteiro, 84-27 as cadetes de Decornaveira contra Montrove Blanco e 23-74 as infantís VS. Golfiños Sada. Os masculinos: 54-66 os júnior contra Esclavas Orzán, 58-91 o cadete Blanco no seu partido contra Maristas, 70-76 o cadete Rojo en Santa Maria do Mar e 54-91 o J. Caamaño Arquitecto de Primeira División Infantil,contra Montrove, un partido que, a pesar do momento da temporada, acabada de inaugurar, coma quen di, pode supor a permanencia na categoría despois da fase de inverno. Os infantís de Segunda, pola contra, pese a competir nun partido igualado durante tres cuartas partes do meso, acabaron perdendo contra o Obradoiro da Coruña por 49-40.
Foto FGB