Deputación de Lugo: “Cortado ao tráfico un quilómetro e medio da LU-P-5504, no concello de Riotorto”

por 21 Noticias

A Deputación de Lugo está a traballar en toda a rede viaria provincial de estradas para paliar os efectos da borrasca Kirk  e garantir a circulación dos usuarios e usuarias, así como a seguridade das estradas. O recente temporal provocou a caída de pólas de árbores e pequenos desprendementos en varios puntos da provincia, o que ocasionou que os equipos de conservación interviran de xeito urxente para retirar os obstáculos e restablecer o tráfico nas vías afectadas pola borrasca.

Nestes momentos e previsiblemente ata a xornada de mañá permanecerá cortado ao tráfico un quilómetro e medio da LU-P-5504, no concello de Riotorto, concretamente o tramo que vai desde o inicio desta vía ata o punto quilométrico 1,500.

Este xoves a Deputación establecerá o correspondente carril de paso para que os turismos poidan circular por esta zona.

A institución provincial mantén un dispositivo permanente de vixilancia e actuación para facer fronte a estas incidencias e minimizar os efectos do mal tempo na rede viaria provincial. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario