Formoso reivindica a blindaxe das melloras laborais polo goberno presidido por Pedro Sánchez, “no camiño de recuperar os dereitos dos traballadores e traballadoras”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou hoxe as iniciativas do goberno presidido por Pedro Sánchez para blindar as melloras laborais. Formoso participou na manifestación convocada en Vigo con motivo do Día da Clase Traballadora, que “hoxe é un día de celebración” grazas á xestión do Executivo, “no camiño de recuperar os dereitos dos traballadores e das traballadoras”.

Leer más

Caballero: “O AVE Vigo-Porto pon a cidade no centro da alta velocidade ferroviaria”

O alcalde amosou a súa satisfacción co proxecto do goberno portugués de alta velocidade Lisboa-Porto-Vigo que presentou este mércores. Abel Caballero lembrou que España tamén está a traballar no Estudo de Alternativas da Saída Sur Ferroviaria de Vigo que permite a conexión entre a estación de Urzáiz e a fronteira co país luso.

Leer más

Vigo celebra dúas cabalgatas de Reis: estática pola mañá e tradicional pola tarde

O alcalde avanzou que será “un día enteiro dedicado aos Reis Magos de Oriente” cunha cabalgata centrada nos mundos de Julio Verne e as viaxes máxicas. Pola mañá será estática na rúa Venezuela e, pola tarde será dinámica, partindo desta vía e pasando por Camelias e Praza América ata finalizar en Coia.

Leer más

Cadernos da viaxe. Disparármonos ao pe. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Nesta xeira do debate da nación, PPdG e PSdeG aprobaron no noso Parlamento unha proposta contra o dereito a decidir de Galicia, pois que “o futuro colectivo da nación española corresponde a todos os españois”. Cómpre respectarmos esta proposta, porque defender Galicia como parte inseparábel da indivisíbel España é absolutamente lexítimo.

Leer más

Axenda dos candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG para o xoves 14, de Valentín González Formoso e Gonzalo Caballero

Valentín González Formoso 17:30 h. Verín. Encontro coa militancia O candidato ao proceso de Primarias do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, manterá un encontro coa militancia de Verín mañá, xoves 14 de outubro, ás 17:30 horas. Sede da agrupación. Avenida Portugal, 18. —— 19:30 h. Xinzo de Limia. Encontro coa militancia O candidato ao proceso de Primarias do PSdeG-PSOE, Valentín González […]

Leer más
1 2 3 5