Catro estudantes do máster de Videoxogos traballan desde Asturias na creación dunha experiencia de realidade virtual inspirada no universo Marvel

Por segundo ano consecutivo, un grupo de estudantes do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol está a realizar as súas prácticas curriculares en Inovace, unha das poucas empresas que existen en España especializada na creación de experiencias inmersivas a través de tecnoloxías como a realidade virtual ou a […]

Leer más

O Campus Industrial de Ferrol acolle xoves e venres o hackathon Navantia Next Pioneers no que participan preto de 50 estudantes de Deseño Industrial

Un reto real do sector naval e 24 horas para atopar unha solución única. Este é o desafío ao que se enfrontan os preto de 50 estudantes do grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto do Campus Industrial de Ferrol inscritos no hackathon Navantia Next Pioneers que dará comezo ás 15:00 horas do xoves 21 de abril […]

Leer más

Un artigo do investigador Ramón y Cajal no Campus Industrial de Ferrol, Jaime Martín, portada da prestixiosa revista científica Materials Horizons

A revista Materials Horizons vén de publicar o artigo do investigador Ramón y Cajal na Universidade da Coruña, Jaime Martín, titulado “Semi-paracrystallinity in semi-conducting polymers”. No seu texto, o investigador do Grupo de Polímeros, adscrito ao Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) do Campus Industrial de Ferrol, propón un novo modelo estrutural para os materiais poliméricos. O traballo ocupa a portada […]

Leer más

Investigadores do Campus Industrial de Ferrol desenvolven coas consellarías de Mar e Medio Ambiente un proxecto de arrecife artificial sustentable

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitaron hoxe, no Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) do Campus Industrial de Ferrol, o módulo do arrecife artificial adaptado á morfoloxía dos fondos mariños galegos desenvolvido por investigadores da UDC e perfeccionado no marco dun […]

Leer más