Luis Álvarez pide a Rueda que poña fin “á tutela de Baltar” e actúe con “criterio propio en Ourense para acabar coa vergoña e indecencia do goberno de Jácome”

O voceiro parlamentario do PSdeG reta ao novo presidente da Xunta a “que se desmarque da vía Feijóo” abordando o diálogo que propuxo o PSdeG sobre Atención Primaria, residencias e innovación

Leer más

Manuel Baltar ratifica a colaboración da Deputación coa Fundación Carlos Velo para a promoción de Ourense no mundo audiovisual

O presidente provincial e a presidenta da entidade, Carmen Leyte, mantiveron un encontro para facer balance da incorporación da Deputación en 2020 ao padroado, ademais de repasar os proxectos nos que están a traballar conxuntamente. 

Leer más

Manuel Baltar reforza o seu compromiso coa Asociación de Produtores de Pataca da Limia

Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial co presidente da entidade, Amador Díaz. O presidente da Deputación destacou a importancia da pataca e da comarca da Limia dentro da economía ourensá, e a aposta do seu goberno polo medio rural: “Sempre estaremos en primeira liña de apoio aos sectores produtivos”

Leer más

Manuel Baltar apoiará “cantas medidas sexan necesarias para lograr un maior pulo normalizador no emprego da lingua galega”

O presidente da Deputación reivindicou a importancia da poesía, “a música das palabras”, durante o Día mundial da Poesía celebrado na Insua dos Poetas. Un acto que “xunta os tres elementos esenciais da identidade galega: unha natureza ben definida, un pobo e a lingua que nos distingue e nos caracteriza” 

Leer más

Manuel Baltar aposta por potenciar o termalismo de Galicia e norte de Portugal a través do traballo en rede e as sinerxías alimentadas polo AVE: “Na xestión pública, sumar é multiplicar”

O presidente da Deputación de Ourense liderou esta mañá, no balneario de Caldas de Partovia, a reunión do Foro Termal do Eixo Atlántico, poñendo a disposición deste órgano transfronteirizo as redes de traballo nacionais e europeas nas que está presente o goberno provincial ourensán

Leer más

Manuel Baltar compromete o apoio da Deputación a Queixumes dos Pinos para garantir o futuro do legado de José Antonio Viñas

A Deputación de Ourense contribuirá á estabilidade e futuro da asociación cultural Queixumes dos Pinos para manter vivo o legado do seu fundador, José Antonio Viñas, falecido a finais do pasado ano. “Un dos grandes nomes da cultura popular ourensá, cuxo labor non pode quedar no esquecemento”, afirmou o presidente provincial, Manuel Baltar, tralo encontro que mantivo con María Rita […]

Leer más

O presidente da Deputación acompañou á raíña Sofía na súa visita ao Banco de Alimentos

A raíña Sofía presidiu esta mañá en San Cibrao das Viñas o acto de celebración dos 25 anos do Banco de Alimentos de Ourense, nun acto no que estivo acompañada, entre outros, polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. “Esta é unha ocasión para poñer de releve a importancia desta entidade neste provincia e a alianza que mantemos dende […]

Leer más
1 2 3 4