Padrón deu luz verde por unanimidade á proposta presentada polo Executivo local para investir os fondos provinciais do Plan Único de Concellos

A Deputación provincial asignou ao Concello de Padrón un total de 416.285,95 euros para ás obras e servizos de competencia municipal. “Este é un investimento importante para o noso Concello que nos permitirá dar resposta ás demandas da nosa veciñanza e acondicionar diferentes espazos do noso municipio para mellorar a calidade de vida dos padroneses e padronesas. Este proxecto de […]

Leer más

O Concello de Padrón reclama que a cidadanía se conciencie sobre a adopción de mascotas

Os nenos e nenas de sexto de primaria do CEIP Flavia do Concello de Padrón recibiron esta mañá unha charla de sensibilización por parte do equipo de Xestión Ética do Abandono (XEA), a empresa responsable de todos os animais que son abandoados neste municipio. As mensaxes que buscaban transmitir  nestas sesións aos escolares poñen o foco, por unha banda, en que […]

Leer más

O alcalde de Padrón entregou o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva ao actor Miguel de Lira

A entrega do XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva da o pistoletazo de saída ao programa do ‘Outono Cultural’, cuxa programación se prolongará ata o mes de decembro. O alcalde de Padrón entregou esta tarde o galardón ao actor Miguel de Lira pola súa traxectoria e pola súa aportación á escena galega.

Leer más

O Concello de Padrón asina un acordo coa consellería de Política Social para a construción dunha residencia

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, asinaron esta mañá un convenio polo que a Xunta financiará con 18.000 euros a redacción do proxecto da futura residencia de maiores da localidade. A residencia estará situada na contorna da Azucarera, nunha parcela de titularidade municipal que conta con 6.000 metros cadrados. O espazo […]

Leer más

O Concello de Padrón realiza accións de mellora nas pistas de tenis municipais

O Concello de Padrón realiza accións de mellora nas instalacións deportivas municipais, de cara a potenciar o seu uso entre a cidadanía e co obxectivo de que sexan máis accesibles e seguras. Así, durante estas semanas comezaron os traballos nas pistas de tenis de Iria, nas que se corrixiron desniveis e irregularidades, se pintou, se mellorou o perímetro e nas […]

Leer más
1 2 3