A escultora Soledad Penalta pecha o ciclo ‘As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán’

A artista conversará o xoves 2 de decembro (18 horas) coa xornalista Noela Bao no salón de actos da Real Academia Galega. O ciclo ‘As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán. Conversas na Casa-Museo’ é unha iniciativa do Concello da Coruña e a RAG, a través da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, co gallo do centenario do pasamento da […]

Leer más

A estatua orixinal de Emilia Pardo Bazán volverá aos xardíns de Méndez Núñez

O Concello toma a decisión de recuperar e repoñer a estatua orixinal de Emilia Pardo Bazán nos xardíns de Méndez Núñez. Unha estatua coa que A Coruña quixo honrar en 1916 a unha das súas máis importantes figuras e que a propia escritora aceptou como a culminación dunha carreira impecable. Unha estatua coa que, dende o Concello da Coruña, se […]

Leer más

A Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia presentan ‘A educación do home e a muller e outros escritos feministas’ de Pardo Bazán no aniversario da escritora

A Real Academia Galega celebrará o vindeiro xoves, 16 de setembro, o aniversario de Emilia Pardo Bazán (1851-1921) coa presentación do libro A educación do home e da muller e outros escritos feministas, coeditado da man do Parlamento de Galicia, e unha representación dramatizada aberta ao público. As actividades insírense no marco da programación da RAG co gallo do centenario do […]

Leer más

A delegada especial da Axencia Tributaria en Galicia, Imelda Capote, no ciclo do centenario de Pardo Bazán

A delegada especial en Galicia da Axencia Tributaria protagonizará o vindeiro xoves, 2 de setembro, unha nova cita do ciclo de conversas As mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán, coorganizado polo Concello da Coruña e a Real Academia Galega a través da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Imelda Capote falará sobre o teito de cristal na administración pública co xornalista […]

Leer más

A Academia e o Concello da Coruña abordan a celebración do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán

O presidente da Real Academia Galega e a alcaldesa da Coruña abordaron hoxe nun encontro institucional a celebración en 2021 do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán. A rexedora recibiu no Pazo de María Pita a Víctor F. Freixanes e mais a académica Marilar Aleixandre, coordinadora da institución das actividades do centenario por parte da RAG.

Leer más

A Real Academia Galega celebra a sentenza que obriga a devolver as Torres de Meirás ao patrimonio público

A Real Academia Galega celebra a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia da Coruña que determina que os herdeiros do ditador Francisco Franco deberán devolver o pazo de Meirás á cidadanía. O inmoble, situado no municipio coruñés de Sada, foi herdado por Emilia Pardo Bazán, cuxo legado documental e bibliográfico é custodiado pola RAG. A institución agarda que a decisión […]

Leer más