Paula Prado. «O veto á pesca de fondo é un dos golpes máis duros que recibiu a familia do mar de Galicia»

A secretaria xeral do PPdeG cualifica o veto á pesca de fondo como “unha decisión inxusta e incerta” e considera que se trata dun “golpe durísimo” para Galicia porque “afecta a 4.400 pescadores e ás súas familias, así como a numerosos postos de traballo indirectos no sector do transporte e nas lonxas”.

Leer más

O PP de Viveiro logra que o pleno aprobe a súa moción para deseñar un plan integral de saneamento, a executar en varias anualidades, e dotar de sumidoiros a As Aceas

O goberno de Viveiro, presidido pola socialista María Loureiro, carece de ideas, empuxe e capacidade para xestionar as infraestruturas que necesita o municipio. É algo que está sobradamente demostrado e que de novo quedou de manifesto na sesión plenaria celebrada pola corporación municipal o martes. O pleno aprobou, sen o apoio do grupo de goberno, as propostas do PP para […]

Leer más

O PP de Viveiro intenta de novo que María Loureiro xestione a cesión por Portos ao Concello dos terreos do peirao vello e, dentro deles, da Casa do Guardamuelles

A conservación do patrimonio construído ocupa, con bo criterio, moitos dos mellores esforzos dos máis eficaces gobernos locais de España. É unha maneira de manter a identidade das cidades e dispoñer de espazos para o desenvolvemento da vida urbana. Non é o caso de Viveiro, onde a alcaldesa, a socialista María Loureiro, escapa como gato da auga quente de todo […]

Leer más

O PP de Viveiro faise eco das estendidas queixas veciñais pola ausencia de orquestras no programa das pasadas festas e pide explicacións a María Loureiro

in coa mellor vontade do mundo é posible seguir o fío do pensamento da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro (PSOE), na xestión dos principais asuntos do municipio. Por exemplo, non hai maneira de entender por que o goberno municipal non incluíu no programa das pasadas festas de Viveiro algunha verbena animada por algunha das orquestras que máis seguidores teñen nestes […]

Leer más