ADEGA, SLG e Stop Eólicos informan sobre a ameaza dos macro parques eólicos mañá sábado en Xinzo

Sobre as comarcas da Limia pende a ameaza de varios proxectos de macro polígonos eólicos sen que a veciñanza teña recibido unha información suficiente para se defender nun proceso de participación pública cada vez máis limitado polos continuos cambios normativos para acelerar os procedementos de avaliación ambiental.

Leer más

SLG. «Os retrasos no Centro Base de Valoración de Lugo para novas valoracións e revisións das presentadas superan os 12 meses»

O Sindicato Labrego Galego (SLG-CCLL) vén de dirixirse ao Consello Galego de Benestar a través da vogal do SLG-CCLL neste órgano, Margarida Prieto Ledo, para alertar do enquistamento de importantes retrasos nas citas para as valoracións de discapacidades no Centro Base de Valoración de Lugo, tendo sido detectada a ausencia de tramitación en solicitudes de cualificación de grao -novas e de revisión- presentadas […]

Leer más

A oposición aos eólicos en Calvos de Randín colle músculo

Desde a mesma vella escola que hai uns meses serviu para unha presentación a cargo da plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova e do Sindicato Labrego Galego para advertir dos perigos que se lle viñan enriba á aldea de Feás co proxecto de polígono eólico Lamas de Feás, coas máquinas apenas a 1 quilómetro de Feás, partiu esta mañá, pouco despois das 9:30 […]

Leer más

SLG e Fruga elaboran un protocolo sanitario para instar a Medio Rural a reabrir os mercados alimentarios de proximidade

O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galega (FRUGA) veñen de rexistrar na Consellaría de Medio Rural unha proposta de protocolo para regular a celebración de mercados alimentarios de proximidade na Galiza mentres dure o estado de alarma pola pandemia do Covid-19. Neste protocolo corríxense numerosos aspectos do xa redactado pola Administración para garantir a seguridade tanto de […]

Leer más