En Negueira de Muñiz a “Montaña Plántase” frente aos macroproxectos eólicos organizando unha xornada de convivencia

A xente de Negueira de Muñiz está a organizar para o próximo 6 de maio unha xornada de convivencia na que queren compartir a súa preocupación polo modelo enerxético actual e as súas inminentes consecuencias

Leer más

Patrimonio Natural e a presión veciñal tomban o proxecto macroeólico de Greenalia en Bande-Verea

O proxecto de Greenalia para instalar no Monte Grande, con 12 aeroxeradores de máis de 180 metros de altura, 11 no territorio do Concello de Bande 1 no de Verea, e cunha poligonal que incluía tamén territorio do Concello de Rairiz de Veiga foi rexeitado pola Concellería de Medio Ambiente que emitiu unha Declaración de Impacto Ambiental desfavorábel, segundo publica […]

Leer más

A veciñanza de Covas (Os Blancos) rexeita en asemblea a instalación de macroeólicos

Covas (Calvos de Randín), unha aldea que ficaría dentro dun polígono industrial eólico rodeada por macroaeroxeradores de 180 metros de altura a menos dun quilómetro das casas, con impactos directos para a saúde humana e risco grave para os animais e calquera explotación gandeira nas proximidades se vai adiante o proxecto Lamas II (unha ampliación fraudulenta do macroparque Lamas de […]

Leer más

ADEGA, SLG e Stop Eólicos informan sobre a ameaza dos macro parques eólicos mañá sábado en Xinzo

Sobre as comarcas da Limia pende a ameaza de varios proxectos de macro polígonos eólicos sen que a veciñanza teña recibido unha información suficiente para se defender nun proceso de participación pública cada vez máis limitado polos continuos cambios normativos para acelerar os procedementos de avaliación ambiental.

Leer más

A oposición aos eólicos en Calvos de Randín colle músculo

Desde a mesma vella escola que hai uns meses serviu para unha presentación a cargo da plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova e do Sindicato Labrego Galego para advertir dos perigos que se lle viñan enriba á aldea de Feás co proxecto de polígono eólico Lamas de Feás, coas máquinas apenas a 1 quilómetro de Feás, partiu esta mañá, pouco despois das 9:30 […]

Leer más

Recollida de alegacións en Xinzo contra a LAT de Greenalia e o proxecto da mesma empresa en Bande

O prazo para o rexistro de alegacións contra os proxectos de Greenalia no Monte Grande en Bande e Verea (un polígono eólico de 12 aeroxeradores de 187 metros de altura) e a Liña de Alta Tensión entre Calvos de Randín e A Frieira, en Padrenda (42 quilómetros de tendido eléctrico e 240 torres de apoio que atravesan oito concellos) remata o próximo venres día […]

Leer más

STOP EÓLICOS denuncia a complicidade dos alcaldes de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Bande, Verea e Celanova co gran espolio está a executar Greenalia e outras

A intervención onte da alcaldesa de Porqueira sacou á luz a liña de alta tensión que conectará os proxectos eólicos das corporacións enerxéticas desde a raia seca limiá até as Terras de Celanova coa central da Frieira no Miño.

Leer más
1 2