Manuel Fernández García
Este fin de semana ten lugar o encontrar entre o Compostela e o Deportivo, dous conxuntos históricos que non están a atravesar o seu mellor momento xa que están pasando polo deserto da 2ªB pero que no seu día déronlle moitas alegrías á afección santiaguesa e Herculano respectivamente. Hoxe falaremos cun histórico, o ex presidente da SD Compostela, José María Caneda, que nos lembrará anécdotas e falaranos dalgún tema de actualidade.
¿José María, como vive esta situación de pandemia?
Con precaución e sen volverse tolo, con tranquilidade.
¿Segue asistindo a San Lázaro a ver ao Compostela(en circunstancias normais)?
Non, xa fai cinco anos que non vou, non me atrae.
¿Como ve ao plantel este ano?
É un equipo que ten bos xogadores de fútbol pero fáltalle empaque físico para esta categoría, é tecnicamente bo pero moi endeble e ten que reforzarse con xogadores con empaque. É unha categoría na que caen xogadores rebotados da 2ª que son moi fortes e con moito oficio, que fai falla nesta liga.
¿En canto ao partido de domingo, ¿como ve a ambos conxuntos?
É unha pena porque o Compostela podía facer unha boa taquilla para defendela economía non poida facelo e vaia todo do peto do presidente, iso non é bo. Foi mala sorte porque este partido virían unhas oito mil persoas da Coruña e podíanse facer entre cento trinta e cento cuarenta mil euros. Iso é un problema gordo para os presupostos.-Sentiuse traizoado por xente que era da súa confianza durante a súa época de presidente?
Sentinme traizoado polo alcalde, por tres directivos desertores con intereses empresariais e con medo a que lle trincaran licencias, vendéronme e nese aspecto síntome un pouco frustrado.
¿Como se fraguou aquela operación na que Changui foi traspasado ao Deportivo por aquela cantidade de diñeiro abismal?
Fraguouse porque naquel momento tanto Celta como Deportivo tiñan necesidade de ter algún galego. No Deportivo retirábanse Fran é José Ramón e non había recambios, Changui andaba bastante ben e houbo que vendela moto dándolle publicidade en Marca e tódolos xornais, na pelexa Celta-Deportivo quen tivo mais opcións foi o segundo e quedamos contentos tanto eles coma nós. Nós porque o vendemos ben e eles porque levaban un bo xogador, aínda que o cederon sempre, non perderon cartos con ese xogador.
Coméntase que no partido no que o Compostela gañou 2-6 en Riazor houbo un posible amaño, ¿que houbo de certo niso?
A xente hai que deixala falar, o morbo ten que existir. O que había necesidade imperiosa dos xogadores do Deportivo, tanto dos marroquíes como os outros, de finalizar a tempada e non xogaron coa intensidade que debían e, por outro lado, estaba a prima que lle ofrecín aos xogadores por gañarlle ao Deportivo que lles enchía moito o ollo, tamén é certo que o Compostela daquela podíalle gañar a calquera, de feito xa lle gañara 4-0 en San Lázaro pero en circunstancias normais o Compostela non lle metería 6 ao Deportivo, pero este último non tiña nada que perder nin que gañar.
¿Como é a súa relación con Augusto César Lendoiro?
Boísima, mentras el queira eu seguirei sendo seu amigo, nunca houbo problema entre el e eu, sempre nos axudamos e sei que teño un piar moi importante no que apoiarme se necesito calquera cousa e por tanto, ten aquí un amigo.
¿Considera que ten que volver a presidir o Deportivo un home do seu perfil?
Calquera diría que estivera Lendoiro no Deportivo agora mesmo, pero só hai un. Agora mesmo o equipo é de Abanca, o presidente que está agora vén en representación de Abanca xa que é quen ten os cartos, por tanto é a propietaria da maioría das accións, por tanto, ou vende ou é dona absoluta do clube, por iso non o vai deixar caer, vai meter o diñeiro que faga falta porque se quere recuperalo ten que ascender o equipo a primeira división, xa que é a única solución.
¿Aquela trifulca que tivo con Jesús Gil, a que se debeu?
Por intereses económicos, polos contratos da televisión e polas contínuas amenazas hacia Lendoiro e hacia min, entón saltamos en descalificacións e cousas desas que surxen cando menos o esperas e cando veñen hai que afrontalas , non pasa nada.
Reconciliouse con el
Sí, a partir de aí a relación con el foi sempre boa. Aos 8 días funlle firmar a Penev e a outro xogador mais. Son momentos desgraciados pero coa familia Gil sempre tiven boa relación antes e despois da trifulca foi mellor aínda. Era un tío temperamental pero non era malo. A min se me atacan tamén son temperamental, todos temos un punto de loucura.
A día de hoxe, ¿cre que no mundo do fútbol segue habendo amaños?
Hóuboos, haberáos e hainos, isto non se vai terminar nunca. As fórmulas cambiarán pero eses temas sempre os haberá, non só no mundo do fútbol senón tamén noutros deportes e é unha pena. Os amaños sempre veñen polos que poden, polos que teñen cartos.
Por último, ¿cre que algún día o Compostela volverá a ser o que foi na súa etapa?
O mesmo que eu o levei a primeira, os outros tamén o poden levar pero este año deberían apostar por xogadores mais veteranos porque este xogo business non vale para defender unha liga en boas condicións. Ademais este sistema novo que fixeron é unha tolería, non vai a ningunha parte e é perxudicial para o fútbol.
Moitas grazas, José María, foi un pracer.