Del chapapote del Prestige al «chapapote» provocado por los incendios.

por 21noticias.com

Despois dos incendios o «chapapote do monte» baixa polos regueiros (terra, cinza, metais pesados, hidrocarburos aromáticos policíclicos…) contaminando as augas con efectos na fauna acuícola e na saúde das persoas.
Os arrastres poden observarse ao longo dos montes e ecosistemas calcinados neste verán en Galicia (unhas 50.000 hectáreas).
Moi recomendable ler o artigo de GCiencia e, seguimos dicindo, que é URXENTE!!! realizar traballos para evitar danos e tamén dicimos que na maior parte das zonas afectadas non se está facendo nada.
As imaxes son do Río Fragoso cos arrastres procedentes da Serra do Castro Laboreiro (dentro do parque natural e reserva da biosfera Xures-Gerês), por desgraza tamén podemos observar os mesmos efectos en regueiros do Macizo Central Ourensán, en Valdeorras, no Val de Monterrei, no Courel, no Barbanza…
Negar o evidente é unha forma de negacionismo que para nada axuda a solucionar a eiva.
Os montes despois dos incendios quedan espidos e o «chapapote do monte» estraga os ecosistemas, un efecto colateral (de esguello) dos incendios forestais. lembramos que tanto a Xunta de Galicia como o Goberno do Estado ten a obriga de evitar ou alomenos minimizar estes danos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario