José Tomé Roca: “Daremos un novo impulso ó proxecto de progreso social e económico que temos para a provincia»

por Redacción Lugo

Estabilidade, rigor, transparencia, xestión e política de feitos” son os valores que guiarán o segundo mandato do Presidente da institución, que tomou posesión hoxe nun acto que encheu o Salón de Plenos do Pazo de San Marcos.

– Tras un primeiro mandato no que “recuperamos a estabilidade da institución, afrontamos retos como a pandemia dándolle asistencia ós concellos e despregamos un ritmo de xestión e execución constante e moi elevado, cunha media do 85% de execución do Orzamento de gasto, o meu compromiso de cara o futuro é facelo aínda mellor”

– “Volcaremos todos os recursos posibles para sacar adiante conxuntamente cos concellos medidas e proxectos que acerquen os servizos públicos á xente e que contribúan a manter e crear emprego, a única fórmula que nos permitirá afrontar con eficacia o reto demográfico, o maior problema que temos na actualidade”

– “As administracións locais somos eficaces para axudar a reter o talento, aproveitar as oportunidades e desenvolver as ideas que hai no rural, pero non podemos traballar soas. Por iso, reivindicaremos o municipalismo e levaremos as súas reclamacións ante a Xunta de Galicia, o Goberno do Estado e as institucións europeas”

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario