Sumar Galicia rexeita de plano a proposta da CRTVG para a cobertura electoral

por Redacción Galicia

Sumar Galicia rexeita de plano a proposta da CRTVG para a cobertura electoral do 23 de xullo, unha proposta que consideramos que responde aos intereses do Partido Popular e non da cidadanía galega.
A proposta inclúe a celebración dun único debate electoral ás 10 mañá e unha entrevista cun candidato de cada unha das principais forzas, ás 8:30 da mañá que se emitirá só na radio e distribuirase dixitalmente, pero non se emitirá na televisión.
Esta proposta, en termos de horarios e en termos das canles de distribución, nomeadamente no caso das entrevistas cos candidatos, merma notablemente as posibilidades de lograr un nivel de audiencia acorde coa importancia dun evento como unha cita electoral.
Sumar Galicia reitera a proposta que fixemos de realizar tres debates, un xeral, un de corte económico e de política laboral e outro sobre igualdade, en horario de máxima audiencia, ás 22:00 horas, e entrevistas ás 14:00 e emitidas na radio e na televisión.
«Ao PP non lle interesa debater porque non ten propostas para Galicia», di Marta Lois, candidata galega de Sumar ao Congreso pola provincia de A Coruña.
«Non é máxima de audiencia, a proposta de facer unha entrevista é esperpéntica e non corresponde a criterios xornalísticos senón a criterios políticos».
«Esta é unha proposta basada nos intereses da TVG e non da cidadanía galega», reitera Lois.
Por este motivo, Sumar Galicia propiciará un acordo co resto de forzas progresistas para presentar un recurso á proposta da CRTVG.
Aínda así, queremos reiterar que «sexa como sexa estaremos en todos os espazos en todo», puntualiza a candidata ao Congreso por A Coruña.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario