Recortes Cero pide a mediación do Defensor do Pobo para defender a pluralidade nas eleccións

por Redacción Nacional

A semana pasada Recortes Cero fixo pública a proposta a RTVE dun debate “A sete… e máis”, un debate en dous tempos no que poidan participar tanto as candidaturas parlamentarias como as extraparlamentarias, proposta que despois estendeu ao resto de medios de comunicación

As candidaturas extraparlamentarias tiveron que recoller o 0,1% de avais para poder concorrer ás eleccións, o cal supón un esforzo extra para poderse presentar. Recortes Cero é a única forza extraparlamentaria que conseguiu presentarse en todas as circunscricións tanto polo Congreso como polo Senado, pero tamén hai candidaturas que o conseguiron na maioría das circunscricións, e outras que o fixeron nalgunhas ou polo menos nunha delas.

A formación política chama a celebrar debates das candidaturas extraparlamentarias, proporcionais en tempo, horario e audiencia, que permitan á cidadanía coñecer as diferentes opcións; xa que, segundo a lei, a cidadanía non ten a obrigación de coñecer as candidaturas polos seus propios medios, senón que debe ser a Administración quen o facilite.

Recortes Cero pídelle ao Defensor do Pobo que medie para garantir a pluralidade nas eleccións, chamando aos medios de comunicación, especialmente aos públicos, a cumprir cunha demanda cada vez máis ampla na sociedade, coñecer as diferentes alternativas a través de debates públicos. Desde o equipo da formación progresista refírense á enquisa publicada hoxe na prensa de 40debe, na que se preguntou sobre a necesidade de facer debates electorais, e que outras candidaturas, non só as que máis opcións teñen, participen nos debates. Máis do 70% da poboación considera que non só os debates deberían ser obrigados, senón que deberían participar todas as opcións representadas no Congreso. Desde Recortes Cero aseguran que o mesmo apoio obteríase se se lle preguntase á xente sobre a obrigatoriedade de celebrar debates onde se poidan coñecer todas as opcións que fixeron un esforzo por presentarse. “É unha cuestión de principios democráticos e de defensa da pluralidade. Por iso dirixímonos ao Defensor do Pobo pedíndolle o seu amparo” afirman desde a formación.

Recortes Cero constituíuse como partido político para presentarse ás eleccións do 23J e presenta candidaturas en todas as circunscricións do país tanto ao Congreso como ao Senado, pero defende esta proposta para estendela a todas as candidaturas e a todo o país.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario