O PP de Lugo preguntará en que punto están os trámites para avanzar nas obras do novo cemiterio de Coeses

por Redacción Lugo

Os veciños de Coeses levan agardando dende hai un ano que o goberno local conteste a unha petición para facer un novo campo santo para a parroquia

O 14 de xuño de 2022 a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Coeses rexistoru unha petición para reparcelación de dúas fincas para poder cumprir cos metros cadrados necesarios para facer un novo cemiterio na parroquia.

Dende o Partido Popular levarán unhas preguntas a comisión correspondente co ánimo de que se clarifique como está a tramitación da segregación de 2 parcelas no lugar de Portanova para contar cos 10.000 metros cadrados que segundo a normativa se esixen para unha infraestrutura deste tipo.

Concelleiros do Grupo Municipal entre os que estaba a responsable da zona rural, Flor Rubinos mantiveron un encontro cos afectados para trasladarlles a súa colaboración neste asunto e se comprometeron en facer un seguimento deste expediente

Dende o PP lamentan que “a saturación en urbanismo, a falta de dirección política e o bloqueo do departamento afecte a cuestións tan sensibles como esta” manifestando que “non é de recibo que se poñan paus de rodas á veciñanza en asuntos nos que hai un consenso e unha necesidade” recalcando que “a administración local está para dar solucións e non para crear problemas”.

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario