O GP Adro de Vilaño de ciclismo paralímpico terá lugar o 15 de xullo

por Redacción Deportes

A proba foi presentada hoxe por representantes municipais, os organizadores e o presidente da Federación Galega de Ciclismo

O próximo 15 de xullo A Laracha convertirase na capital do ciclismo paralímpico acollendo unha das probas da Copa de España desta modalidade. O Club Ciclista Riazor en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e o Concello organizan esta proba. O evento foi presentado hoxe polo alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Deportes, Patricia Bello, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñíz, e 2 representantes do Club Ciclista Riazor: Lucía Pérez Fernández e Iván Manoel Montero Ferreiro.

A proba será de tipo ruta, contando cun circuíto pechado de 5,3 km de percorrido, para todas as categorías. Consistirá en facer o circuíto durante 1 hora máis unha volta. Esta última volta marcaráa o primeiro corredor que cruce por meta pasada a primeira hora, soando a campá para marcar dita volta e o remate da proba.

A competición comezará ás 16.00 h cunha proba en ruta para as diferentes categorías de bicicletas e tandems na explanada do Adro de Vilaño. Posteriormente  será a saída das handbikes e triciclos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario