Xosé Manuel Merelles. «Galicia ofrece grandes posibilidades para a organización de congresos e reunións profesionais»

por Redacción Galicia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles no marco da inauguración do “Global Mice Forum”, que ten lugar no Eurostars Gran Hotel A Toxa, salientou as grandes posibilidades que ofrece Galicia para a organización de congresos e reunións profesionais,

Segundo explicou Xosé Merelles, dende a Xunta apoiamos a este sector dende o primeiro momento, xa que foi un dos máis afectados no ámbito turístico pola pandemia, o que se está reflectindo nun aumento do número de persoas que visitan Galicia para asistir a reunións, congresos ou convencións. O que tamén contribúe a mellora de infraestruturas como os centros de congresos, a capacidade hoteleira, e a mellora das comunicacións, entre outras.

Merelles destacou a importancia deste segmento para o conxunto da oferta turística galega, xa que é un tipo de turismo clave pola súa capacidade desestacionalizadora e para potenciar o turismo de valor engadido, imprescindible para descentralizar a oferta turística máis aló dos meses de verán.

Por iso, para potenciar a oferta turística galega, dende a Xunta puxéronse en marcha medidas entre as que destacan a diversificación da oferta turística, coa promoción, por exemplo, do turismo de reunións, do turismo de congresos. Todas as infraestruturas e servizos, sumados á hostalería, fan que Galicia se estea consolidando como un referente do turismo de congresos.

 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario