Cerceda foi a primeira parada da xincana lingüística da Mancomunidade de Ordes

por Redacción Galicia

Na iniciativa os rapaces e rapazas participantes puideron aprender sobre a nosa cultura e idioma dun xeito lúdico

O Concello de Cerceda acolleu a primeira das sete paradas previstas da xincana lingüística promovida polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes.

Na xornada, a técnica de normalización lingüística do ente supramunicipal, Irene Bravo, acompañou á rapazada participante na realización de diversas actividades físicas e xogos de mesa dirixidos á promoción do emprego do galego entre o público xuvenil.

A previsión é que esta actividade se desenvolva ao longo dos meses estivais polos Concellos que conforman a Mancomunidade de Ordes.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario